Era un mércores e o lujar escollido para faser unha reportaxe fotojráfica para a revista “Compostelán” foi a mítica e emblemática prasa do Obradoiro. E alí presentáronse aljúns dos membros da peña “Os Cabuxos do Mar” coa dorna polbeira “Cabuxiña”.
O motivo desta “performance dorneira” foi unha das múltiples labores de promosión da Festa da Dorna nos medios de comunicasión porque xa sabedes que aínda que o produto sexa bo, sen unha axeitada posta en escena non se vende un chíu.
Os cabuxos presentes na “navejasión dorneira” foron: o Home do Catalexo, o capitán Estachas, o Escribán Palmeirán, o Documentalista Impasiente, o Doutor Dolittle e o Señor Jacobix.
Sumouse a eles a representante da peña “Parrochiñas da ría”, cuio diminutivo non se pode disir polo Río da Prata porque significa “parrochiña”.
P. D.: Si, era xuño, pero fasía un vento que metía medo e unha friaxe que rachaba o cutis. Xa sabedes, un xuño dos de antes.